'Paisajes progresivos' #75. Rock progresivo francés de onte e hoxe (3)

De volta aos monográficos esta edición pon rumbo, e van tres, ao país galo. Alberto Pazo propón "unha nova inmersión nos especiais sons que nos chegan desde Francia". "Músicos e bandas diversos, ás veces pondo o acento no dramático e o teatral, outras veces incidindo no técnico e no complexo, sempre sen deixar indiferente a quen os escoita". "Nesta edición lembramos a Mona Lisa e Versailles, nunha liña estilística moi parecida. Seguimos cos fascinantes Taal e cos inclasificables Magma, creadores do zeuhl". "4/3 de Trio e Nil, son dous exemplos de grupos que nos deixaron grandes traballos pero que non tiveron continuidade. Por último, Chance e Siiilk son dous proxectos que seguen vivos e que nos levan a mundos onde impera a melodía amable. Espero que o gocedes".