O PSdeG exixe á Xunta acceso inmediato aos contratos con empresas vinculadas ao entorno de Feixoo e non descarta acudir aos tribunais

O PSdeG recorrerá ante a Comisión Galega da Transparencia para reclamar o acceso aos expedientes dos contratos adxudicados pola Xunta ao despacho Equipo Económico. Os socialistas denuncian opacidade na contratación pública e cuestionan tamén os contratos menores concedidos á empresa Eulen.