Activistas, intelectuais, representantes políticos, sindicais e membros do tecido cultural e social da Arxentina na Galiza impulsaron un manifesto en defensa da ex presidenta arxentina Cristina Fernández de Kirchner, no que denuncian unha "vulneración democrática" e reclaman o cesamento da súa persecución xudicial. O texto acompáñase dunha convocatoria de mobilizacións este 10 de xuño en Vigo e Santiago de Compostela.