Pontón acusa a Xunta de promover un "ataque á universidade pública" tras a polémica da PAU

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou a Xunta de utilizar a polémica arredor da PAU para cuestionar a autonomía universitaria e intentar reforzar o control político sobre a Comisión Interuniversitaria da Galiza (CIUG).