Na Pobra, publicada a listaxe definitiva do programa de conciliación estival Móvete! 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que, a partir de mañá, 10 de xuño, estará dispoñíbel na sede electrónica municipal a lista definitiva de persoas admitidas no programa de conciliación Móvete! 2026, unha iniciativa promovida pola Concellaría de Igualdade, dirixida por Estefanía Ramos. O obradoiro desenvolverase nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras […]

O artigo Na Pobra,…

Read more →
A Deputación da Coruña prepara unha 2ª edición do programa de apoio ao comercio local MercaNaVila

A Deputación da Coruña anunciou que “tralo éxito da primeira convocatoria” traballa xa na posta en marcha dunha segunda edición de MercaNaVila, o programa pioneiro de apoio ao comercio de proximidade nos concellos máis pequenos da provincia. O eixe de actividades volverá ser a web mercanavila.gal, a plataforma oficial da iniciativa dende a cal as […]

O artigo A Deputación da Coruña prepara unha…

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha pregunta formulada na Comisión 2a, coa que demandou explicacións claras sobre a situación actual […]

O artigo O BNG esixe…

A Pobra do Caramiñal promociona a súa oferta turística e festiva en FESTUR 2026

A Pobra do Caramiñal promove estes días a súa oferta turística, cultural e festiva en FESTUR 2026, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra en Silleda no marco de TUREXPO Galicia e da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. A Concellaría de Turismo participa no evento cun stand propio no que […]

O artigo A Pobra do Caramiñal promociona a súa oferta turística e festiva…

Ana Teira inaugura na Pobra a súa primeira exposición individual

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal acollerá durante todo o mes de xuño As conversas…, a primeira exposición individual da artista Ana Teira, que abre así unha nova etapa na súa traxectoria creativa. Estudante de Conservación e Restauración de Bens Culturais en Galicia, Teira participou previamente en diversas mostras colectivas. A […]

O artigo Ana Teira inaugura na…

Aberto o prazo para o programa Benestar en Balnearios de Galicia 2026

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Programa Benestar en Balnearios de Galicia 2026, unha iniciativa dirixida á poboación residente na comunidade autónoma. Poderán beneficiarse as persoas de 60 ou máis anos, así como pensionistas maiores de 55, que ademais poderán acudir acompañadas doutra persoa. O programa ofrece estadías de 10 días […]

O artigo Aberto o prazo para o…

Dereitos Civís da Deputación destina case 150.000 euros a proxectos de recuperación da memoria democrática en 9 concellos, incluído o da Pobra

A Área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña presentou este 3 de xuño en Arzúa a resolución provisional do programa FO208/2026, destinado a financiar a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos, a realización de actividades de divulgación e a sinalización de espazos vinculados á recuperación da memoria democrática. No acto participaron a deputada […]

O artigo Dereitos Civís da…

Read more →
A Deputación celebra a Festa da Música 2026 con quince concertos noutros tantos concellos da provincia

O ciclo desenvolverase ao longo do mes de xuño con actuacións de Cuarteto Debiselas, Anxo Araújo, Faia Díaz, Su Garrido Pombo e Belém Tajes Arteixo, Carballo, Cedeira, Cee, Cerceda, Malpica, Melide, Muros, Ortigueira, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Santiso e Vimianzo acollerán as distintas actuacións A iniciativa da área de Cultura conmemora o […]

O artigo A Deputación celebra a…

Read more →
A Pobra acolleu a clausura da 2ª edición do programa “Que o ritmo non pare”

O programa Que o ritmo non pare, impulsado polo Centro de Día da Pobra do Caramiñal e desenvolvido coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal, celebrou a súa xornada de clausura tras varios meses de actividade na Escola Unitaria do Vilariño. Dirixida a persoas maiores de 60 anos, esta iniciativa promoveu a práctica de […]

O artigo A Pobra acolleu a clausura da 2ª edición do programa “Que…

O Museo Valle-Inclán da Pobra consolida a súa tendencia alcista con 1.145 visitas ata maio

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal pecha maio cunha notable afluencia de público e consolida a tendencia alcista que vén rexistrando desde comezos de 2026. Entre xaneiro e maio pasaron polo centro 1.145 persoas, con visitantes procedentes sobre todo de Galicia, Madrid e outras comunidades do norte peninsular, así como de países como Escocia, […]

O artigo O Museo Valle-Inclán da Pobra…

CONGALSA recada 10.000 euros e máis de 1.500 quilos/litros de alimentos non perecedoiros na súa X Andaina Solidaria

A X Andaina Solidaria de CONGALSA volveu demostrar o compromiso social da compañía co Barbanza ao lograr recadar 10.000 euros e reunir máis de 1.500 quilos/litros de alimentos non perecedoiros durante a marcha celebrada o pasado domingo 24 de maio na Pobra do Caramiñal. A iniciativa foi secundada por 350 participantes, dos cales 29 colaboraron […]

O artigo CONGALSA recada 10.000 euros e máis de…

Read more →
O BNG da Pobra rexeita a celebración do Día das Forzas Armadas no municipio

Unha fisura no goberno local da Pobra do Caramiñal entre o BNG e o resto da executiva, especialmente coa Alcaldía, tras anunciarse a actuación da Unidad de Música do Mando de Apoyo á Maniobra no cine Elma o 6 de xuño, no marco do Día das Forzas Armadas. O BNG asegurou non ter coñecemento da […]

O artigo O BNG da Pobra rexeita a celebración do Día das Forzas Armadas no municipio publicouse…

O pleno da Pobra abordou asuntos urbanísticos, económicos e ambientais

A Corporación municipal da Pobra do Caramiñal celebrou este xoves, 28 de maio, unha sesión ordinaria do pleno na que se trataron diferentes asuntos relacionados coa xestión municipal, o urbanismo, a facenda local e o medio ambiente. A sesión comezou coa aprobación da acta anterior, correspondente ao pleno do 26 de marzo, e coa dación […]

O artigo O pleno da Pobra abordou asuntos urbanísticos,…

O Elma da Pobra acolle este domingo a representación da comedia “Reunión familiar”

O Cine Elma da Pobra do Caramiñal acollerá este domingo 31 de maio, ás 19.30 horas, a representación da obra teatral Reunión familiar, unha comedia de humor ácido e costumista escrita e dirixida por Lois Basallo. A función está organizada pola Asociación de Amas de Casa, C. e U. Caramiñas coa colaboración do Concello da […]

O artigo O Elma da Pobra acolle este domingo a representación da comedia…

O alumnado do Cuarto Ciclo da USC do Campus de Lugo visitou o Museo Valle-Inclán

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal recibiu este mércores 27 de maio a visita dun grupo do Cuarto Ciclo da USC – Campus de Lugo, formado por 25 persoas interesadas en coñecer de preto o perfil humano e a traxectoria artística de Valle-Inclán, así como a colección de fondos orixinais que conserva este centro […]

O artigo O alumnado do Cuarto Ciclo da USC do Campus de Lugo visitou o Museo…

Comunei​ros da Pobra denuncian a morte de quince xatos por ataques de lobos en San Isidro

Os comuneiros de San Isidro, na parroquia pobrense de Posmarcos, denuncian unha vaga de ataques de lobos que nas últimas semanas acabou coa vida de quince xatos, xerando preocupación e perdas económicas entre os gandeiros da zona. O último caso produciuse hai apenas uns días. O propietario do animal, Luis Pose Lariño, asegura que non […]

O artigo Comunei​ros da Pobra denuncian a morte de quince…

Entregados os premios da campaña Merca no teu Comercio na Pobra do Caramiñal

A Praza do Emigrante de A Pobra do Caramiñal acolleu na mañá deste martes 26 de maio a entrega dos premios correspondentes á campaña Merca no Teu Comercio, que se desenvolveu entre o 1 e o 15 de maio nos municipios de A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Portosín, cun total de 3.360 […]

O artigo Entregados os premios da campaña Merca no teu Comercio na Pobra do Caramiñal publicouse primeiro en O…

A Biblioteca da Pobra acolle este mércores a presentación de “Nenapingüín”, Premio Carlos Mosteiro

O Auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal vai acoller este mércores 27 de maio ás 12.00 horas a presentación do libro Nenapingüín, obra gañadora do VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2025, escrita por Daniel Landesa e ilustrada por Momochi Miki. O galardón está dotado con 3.000 euros e […]

O artigo A Biblioteca da Pobra acolle este mércores…

Juan Galán presenta en Rianxo o libro no que documenta a resistencia antifascista de Joaquín Fernández Millán, exiliado republicano da Pobra

Este xoves 28 de maio o escritor Juan Galán vai presentar en Rianxo, no Auditorio Municipal, o libro Rotspanier (Galaxia), a historia dun exiliado republicano do Barbanza en Francia que fuxiu de Franco para caer nas mans de Hitler. Intervirán Juan Galán, autor, Néstor Sieira, membro da Comisión pola Recuperación Histórica da Barbanza, e Julián […]

O artigo Juan Galán presenta en Rianxo o libro…

Read more →
A Pobra despide ás Misioneiras do Divino Mestre cun acto institucional e unha nova etapa para o centro

A Arquidiocese de Santiago de Compostela renderá homenaxe este luns 25 ás Misioneiras do Divino Mestre na Pobra do Caramiñal cun acto institucional que coincidirá co traspaso da xestión do Colexio e do CFP á Fundación Educativa Utrera. O programa inclúe unha misa na igrexa do Deán e, posteriormente, un acto no Teatro Elma, coa […]

O artigo A Pobra despide ás Misioneiras do Divino Mestre cun acto…

Conta atrás para o inicio da X Andaina Solidaria de CONGALSA, este domingo dende a praza Segundo Durán da Pobra

Comezou a conta atrás para a X Andaina Solidaria de CONGALSA, que se celebra este domingo 24 de maio a partir das 9.30 horas, reunindo numerosas persoas nunha xornada de deporte, convivencia e compromiso social. No percorrido organizado pola empresa da Pobra participarán Luís Miguel Simarro, presidente da Corporación Empresarial CONGALSA; Noela Prieto, directora xeral […]

O artigo Conta atrás…

Read more →
A Pobra convoca unha reunión para captar locais comerciais ao programa municipal EMPRENDECO-POBRA

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrará o vindeiro 28 de maio unha reunión informativa dirixida a persoas propietarias de locais comerciais e inmobiliarias interesadas en participar na bolsa municipal de baixos do programa “EMPRENDECO-POBRA”, unha iniciativa destinada a impulsar novas aperturas comerciais e revitalizar o tecido económico local. O encontro terá lugar ás 19.00 […]

O artigo A…

Read more →
Equipos internacionais acoden ás instalacións de CONGALSA no marco previo do Torneo Internacional de fútbol basee

A empresa da nosa comarca CONGALSA recibiu na mañá deste 21 de maio, nas súas instalacións, a dous dos equipos internacionais de referencia que participan na presente edición do Torneo Internacional CONGALSA de Fútbol Base. O torneo celebrarase entre este venres e o domingo 24 de maio e é, en palabras da firma de alimentación […]

O artigo Equipos internacionais acoden ás instalacións de CONGALSA…

Nace o Club de Produto Enogastronómico Barbanza Arousa

A Mancomunidade Barbanza Arousa (formada por A Pobra, Rianxo, Ribeira e Boiro) botou a andar esta tempada o seu Club de Produto Enogastronómico, unha ferramenta de cooperación público-privada que nace co fin de contribuír á consolidación de Barbanza Arousa como destino enogastronómico diferenciado, competitivo, de calidade e experiencial. Nesta semana estase desenvolvendo unha primeira quenda…

O Museo Valle-Inclán mostra o seu “lado oculto” este xoves 21 nunha conferencia

O Centro de Estudos do Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal) vai organizar e acoller este xoves 21 ás 20.00 horas a conferencia O Museo Invisible: Un percorrido polos traballos internos do Museo Valle-Inclán. A través desta conferencia tentarase de dar eco a un dos propósitos establecidos polo ICOM [Intertational Council of Museums] para o […]

O artigo O Museo Valle-Inclán mostra o seu “lado…

A Pobra acolle este venres o espectáculo do programa FalaRedes “As Letras de Begoña. Contacontos ilustrados”

A Pobra do Caramiñal acollerá este venres, 22 de maio, a actividade As Letras de Begoña. Contacontos ilustrados, unha proposta cultural e de dinamización lingüística promovida polo programa FalaRedes da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua). A cita desenvolverase ás 18.30 horas na praza do Cantón da Leña e estará a cargo do Colectivo […]

Inaugurada en Santiago a exposición “Culto e cultura xacobea no Barbanza e Sar”, unha mirada ás orixes do Camiño

Este xoves 14 de maio inaugurouse na Sala do Peregrino do Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, a mostra titulada Culto e cultura xacobea no Barbanza e Sar. Trátase dunha iniciativa de carácter divulgativo e promocional impulsada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar. A Orixe. O acto […]

CONGALSA une apoio a entidades sociais e ao sector do mar na nova edición da súa Andaina Solidaria, con inscricións abertas ata o 21 de maio

A X Andaina Solidaria de CONGALSA combinará a recollida de alimentos non perecedoiros e achegas económicas para apoiar o tecido social e ao sector do mar da comarca do Barbanza. Os detalles da iniciativa, con inscricións abertas ata o 21 de maio, foron presentados este mércores 13 de maio pola mañá nunha rolda de prensa […]

O alumnado do PIE de Boiro, Rianxo e A Pobra formase en pastelería, cociña e manexo de carretillas elevadoras

O alumnado do Programa Integrado de Emprego 2025/2026 que o Concello de Boiro leva a cabo coa colaboración dos concellos de Rianxo e A Pobra, finaliza accións formativas en pastelería, cociña e manexo de carretillas elevadoras. No curso de Pastelería e postres para restauración un total de 14 participantes recibiron formación en técnicas culinarias e […]

A Xunta dá luz verde ao proxecto para ampliar a planta de elaboración de conxelados de CONGALSA

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental ao proxecto de CONGALSA para a ampliación dunha planta de elaboración de produtos alimentarios conxelados localizada no parque empresarial da Tomada, no Concello da Pobra do Caramiñal. Segundo conclúe o informe de impacto ambiental emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, “non son […]

Page 1 Older →