Tempo estable este mércores 10, con ceos despexados e lixeiro ascenso das temperaturas

Continuaremos este mércores 10, baixo a influencia das altas presións, que favorecerán unha situación de estabilidade atmosférica marcada pola circulación de ventos do nordés. A xornada comezará con presenza de néboas e nubes baixas en diversas comarcas do interior, aínda que estas irán desaparecendo co avance do día para deixar ceos pouco nubrados ou despexados […]

O artigo Tempo estable este…

O BNG de Lousame recolle as demandas das familias usuarias do programa Concilia e reclama melloras no servizo

O BNG de Lousame mantivo unha reunión con nais e pais afectados polo programa Concilia, que se desenvolverá durante os meses de verán no CPI Cernadas de Castro, co obxectivo de coñecer de primeira man as súas necesidades e trasladar propostas orientadas á mellora deste servizo municipal. No encontro, celebrado o pasado 8 de xuño, […]

O artigo O BNG de Lousame recolle as demandas das familias…

O alcalde e o delegado do Goberno supervisan o inicio das obras de mellora da N-550 ao seu paso por Padrón

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, supervisaron este martes 9 de xuño pola mañá o inicio dos traballos de asfaltado na estrada N-550 ao seu paso polo municipio padronés. Unha actuación que forma parte do Plan Especial de Reparación e Conservación de Estradas que o Ministerio […]

O artigo O alcalde e o delegado do Goberno supervisan o inicio das…

Rois crea o Bono Cultura Familia para axudar a sufragar actividades socioculturais dos menores

O Concello de Rois vén de poñer en marcha o Bono Cultura Familia, unha nova liña de axudas destinada a facilitar a participación de nenos e nenas en actividades socioculturais e, ao mesmo tempo, favorecer a conciliación laboral e familiar das persoas residentes no municipio. A iniciativa permitirá ás familias empadroadas en Rois acceder a […]

O artigo Rois crea o Bono Cultura Familia para axudar…

O Concilia Verán do Concello de Noia bate récords de solicitudes tras a ampliación de prazas e horarios

O Concilia Verán do Concello de Noia acadou este ano un récord de solicitudes, confirmando, segundo o Goberno local, “a crecente demanda dos servizos municipais de conciliación”. Así, apuntan, malia “o esforzo realizado polo Concello para ampliar tanto o número de prazas como os horarios do programa”, as quendas de maior capacidade, preparadas para acoller […]

O artigo O Concilia Verán do…

Read more →
O BNG denuncia a duplicidade de censos sobre o patrimonio marítimo e reclama unha estratexia única para a súa protección

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou este martes no Parlamento de Galicia a existencia de dous censos diferentes e sen coordinación sobre o patrimonio cultural do litoral galego, unha situación que, segundo a deputada Rosa Pérez, evidencia a falta de planificación do Goberno galego na conservación e valorización da cultura marítima. Durante a Comisión de […]

O artigo O BNG denuncia a…

Read more →
Na Pobra, publicada a listaxe definitiva do programa de conciliación estival Móvete! 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que, a partir de mañá, 10 de xuño, estará dispoñíbel na sede electrónica municipal a lista definitiva de persoas admitidas no programa de conciliación Móvete! 2026, unha iniciativa promovida pola Concellaría de Igualdade, dirixida por Estefanía Ramos. O obradoiro desenvolverase nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras […]

O artigo Na Pobra,…

Read more →
A conmemoración da Traslatio volverá a partir do porto de Ribeira no 20 de xuño na súa cuadraxésima edición

Ribeira volverá acoller a Traslatio que conmemora a viaxe que fixo o corpo do Apóstolo Santiago dende Palestina ata a costa galega. A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla seleccionou o municipio ribeirense para a cuadraxésima edición da conmemoración deste periplo que terá lugar no sábado, 20 de xuño, como anunciaron a […]

O artigo A conmemoración da Traslatio volverá a partir do porto…

Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de lingua e cultura galegas para persoas foráneas

Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa “integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva”, tal e como destacou este 9 de xuño o secretario xeral da Lingua, Valentín García, durante a xornada de formación celebrada […]

O artigo Máis de 100 concellos impartirán…

Read more →
Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño xunto a dúas agrupacións de renome […]

O artigo Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi…

A rehabilitación do Museo do Mar de Rianxo inclúe espazos (permanentes e temporais) para usos enogastronómicos

O presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa e alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal Suárez, xunto coa xerente da entidade, Fátima Cachafeiro Blanco e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín, visitaron este 9 de xullo as obras de acondicionamento do renovado Museo do Mar de Rianxo (antiga Casa do Coxo) que encaran a […]

O artigo A rehabilitación do Museo do Mar de Rianxo inclúe…

En Ribeira, o BNG solicita elaborar un proxecto para o arranxo da rúa Sorribas

O BNG de Ribeira presentou unha proposta co obxectivo de impulsar unha actuación de mellora na rúa Sorribas, atendendo así de forma directa ás demandas transmitidas polos veciños e veciñas da zona. A formación nacionalista aposta por “realizar una actuación que remate co deterioro que sofre este espazo logo de décadas de falta de mantemento […]

O artigo En Ribeira, o BNG solicita elaborar un…

COGAMI alerta de demoras de ata 3 anos na valoración da discapacidade en Galicia

COGAMI celebrou este martes 9 de xuño en Santiago de Compostela a súa XXXVI Asemblea Anual, o máximo órgano de decisión da organización, no que participaron membros da xunta directiva (incluído o presidente da entidade, Anxo Queiruga, natural do Porto do Son) e membros das entidades que forman parte do movemento asociativo. Nesta sesión, presentáronse […]

O artigo COGAMI alerta de demoras de ata…

Padrón impulsa o campamento de verán ‘A Vila do Mañá’, unha proposta para descubrir e imaxinar o espazo público

O Concello de Padrón pon en marcha este verán o campamento A Vila do Mañá, unha iniciativa que combina conciliación familiar e aprendizaxe a través do xogo e da creatividade. A actividade desenvolverase no CEIP Rosalía de Castro os días 22, 23, 25, 26, 29 e 30 de xuño e está dirixida a nenas e […]

O artigo Padrón impulsa o campamento de verán ‘A Vila do Mañá’, unha proposta para descubrir e…

O Goberno enxalza o traballo da Garda Civil e a Policía Local de Rianxo para garantir a seguridade no concello

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, co-presidiu este martes 9 de xuño a Xunta Local de Seguridade de Rianxo xunto ao alcalde do Concello, Julián Bustelo, nun encontro no que se analizou a situación da seguridade cidadá no concello, a protección das vítimas de violencia de xénero e a coordinación dos dispositivos previstos […]

O artigo O Goberno enxalza o traballo da Garda Civil e a…

Este venres Ribeira acollerá a presentación do libro Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión

Este venres 12 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira será escenario da presentación do libro” Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión”, unha obra dedicada a recuperar e difundir a memoria histórica dos irmáns, Fernández Sendón. O volume, elaborado por Xosé Luis Axeitos, Uxío Bobillo […]

O artigo Este venres Ribeira acollerá a…

Read more →
A alcaldesa de Ribeira di que o Concello solucionou os atrancos para renovar a grada do Campo de Fútbol de Carreira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro, Víctor Reiriz, mantiveron este luns 8 de xuño un encontro de traballo coa directiva do Club de Fútbol de Carreira para informar “dos avances do Executivo no proxecto de renovación da bancada do campo da parroquia, uns avances que culminaron a semana pasada”, sinalou a rexedora, […]

O artigo A alcaldesa de Ribeira di que o Concello…

Máis de medio cento de persoas percorre o Camiño de Muros Noia entre Fontefría e Bertamiráns co Club de Xubilados de Lousame

Algo máis de medio cento de persoas participaron onte domingo na segunda etapa das andainas polo Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia organizadas polo Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello lousamiá. Unha ruta que discorreu entre Fontefría e Bertamiráns, coa praza de Portobravo como punto de encontro para a saída […]

O artigo Máis de medio cento de persoas percorre o Camiño…

Read more →
A Aula CeMIT de Ribeira seguirá achegando formación en competencias dixitais durante o verán

A cidadanía de Ribeira poderá seguir mellorando as súas competencias dixitais cunha serie de cursos que ofrece a Aula CeMIT local orientados aos diferentes rangos de idade. O concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías, Álex Vidal, explicou na presentación da axenda que “queremos que a Aula CeMIT goce de actividade tamén durante verán, continuando así […]

O artigo A Aula CeMIT de Ribeira…

A AECC de Boiro celebra o 21 de xuño unha nova edición da súa Andaina Solidaria

O Concello de Boiro colabora cunha nova edición da Andaina Solidaria Boiro, en marcha contra o cancro que organiza a Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Boiro e que terá lugar o vindeiro domingo 21 de xuño. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación xunto coa presidenta, Marisa Lojo, e outros membros da […]

O artigo A AECC de Boiro celebra o 21 de xuño unha nova edición…

Os GDR impulsan as Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, incluída a Ruta dos Viños Maneiros de Barbanza e Iria

Galicia conta desde agora cunha nova proposta para descubrir o territorio a través da cultura do viño. Os Grupos de Desenvolvemento Rural participantes no proxecto de cooperación Desenvolvemento do Enoturismo nas IXP de Viño de Galicia, en colaboración coa Asociación das IXP de Viños de Galicia, impulsan as Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de […]

O artigo Os GDR impulsan as Rutas…

Read more →
Laura Veiga presenta este venres 12 en Rianxo o seu libro “O mapa da túa sexualidade”

O salón de actos do Auditorio Municipal de Rianxo vai dar acollida este venres 12 de xuño á presentación libro O mapa da túa sexualidade, da autora Laura Veiga. A cita, de entrada libre, será ás 17.30 horas. Incluirá ás 18.00 horas un obradoiro de balde de AdolescenTEA para rapazada de 10 a 13 anos. […]

O artigo Laura Veiga presenta este venres 12 en Rianxo o seu libro “O mapa da túa…

A Deputación da Coruña prepara unha 2ª edición do programa de apoio ao comercio local MercaNaVila

A Deputación da Coruña anunciou que “tralo éxito da primeira convocatoria” traballa xa na posta en marcha dunha segunda edición de MercaNaVila, o programa pioneiro de apoio ao comercio de proximidade nos concellos máis pequenos da provincia. O eixe de actividades volverá ser a web mercanavila.gal, a plataforma oficial da iniciativa dende a cal as […]

O artigo A Deputación da Coruña prepara unha…

A historia oculta do Patronato de la Protección a la Mujer centra unha presentación editorial este venres 12 no Pazo de Goiáns

O Pazo de Goiáns vai acoller este venres 12 de xuño a presentación do libro Por que ninguén falou delas? O descoñecido Patronato de la Protección a la Mujer, da investigadora Belén López Cilleiro: un traballo promovido pola Área de Igualdade e Dereitos Civís da Deputación da Coruña. A cita, de entrada libre, será ás […]

O artigo A historia oculta do Patronato de la Protección a la Mujer centra…

A xira de encontros veciñais do Concello de Boiro recala esta semana na parroquia do Castro con dúas sesións

Esta semana, o martes 9 e o mércores 10 proseguen os encontros veciñais Un café co alcalde do Concello de Boiro. Serán deste xeito dúas sesións na parroquia do Castro: unha o martes 9 de xuño ás 20.00 horas na unitaria do Esteiro, e a outra o mércores día 10 ás 20.00 horas no Centro […]

O artigo A xira de encontros veciñais do Concello de Boiro recala esta semana na parroquia do Castro con dúas…

Juan Ares inaugura na súa terra unha mostra sobre deseño, mar e cultura, este luns ás 19h no Pazo de Goiáns

O Pazo de Goiáns vai acoller este luns ás 19.00 horas a inauguración da mostra Deseño, mar e cultura do deseñador local Juan Ares. Trátase dunha colección de móbeis feitos con rede de pesca mariñeira que se poderá visitar no Pazo de Goiáns durante o mes de xuño. A inauguración da mostra contará cunha charla […]

O artigo Juan Ares inaugura na súa terra unha mostra sobre deseño, mar e cultura,…

O músico pontevedrés Anxo Araújo estará na Horta do Muíño de Outes o 24 de xullo

O músico Anxo Araújo vai achegar este verán unha serie de concertos pola xeografía galega. A xira comezará o 23 de xuño en Cedeira (na praza Floreal) e proseguirá en Arteixo (no Anfiteatro) o 26 e en Cee (na Casa da Cultura) o 27. Xa en xullo, o día 24, achegará un concerto en Outes, […]

O artigo O músico pontevedrés Anxo Araújo estará na Horta do Muíño de Outes o 24 de xullo publicouse primeiro…

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación científica en Galicia, dando recoñecemento e potenciando as traxectorias de investigadoras e investigadores novos que desenvolven a súa…

Read more →
O Concello de Ribeira comparte as normas locais para garantir a seguridade da veciñanza e do medio natural na festa de San Xoán

Con motivo da tradicional festa de San Xoán, ao obxecto de “previr calquera tipo de incidente co uso do lume”, e garantir “unhas condicións de limpeza e hixiene adecuadas dos espazos públicos para que poidan ser gozados ao día seguinte pola cidadanía en perfectas condicións”, o Concello de Ribeira emitiu un bando informativo, a través […]

O artigo O Concello de Ribeira comparte as normas locais…

Read more →
UCIN Galicia di que o Goberno de España condena aos autónomos a soportar unha carga fiscal e burocrática que “Europa xa aliviou”

A agrupación cidadá UCIN Galicia, a través do seu coordinador José Luis Calo, esixiu nun comunicado a aplicación inmediata da normativa europea destinada a reducir as cargas administrativas e fiscais que soportan miles de autónomos, á vez que reclamou a implicación de todos os grupos políticos para poñer fin a unha situación que consideran “inxusta […]

O artigo UCIN Galicia di que o Goberno de…

Read more →
Page 1 Older →