Tempo estable este mércores 10, con ceos despexados e lixeiro ascenso das temperaturas

Continuaremos este mércores 10, baixo a influencia das altas presións, que favorecerán unha situación de estabilidade atmosférica marcada pola circulación de ventos do nordés. A xornada comezará con presenza de néboas e nubes baixas en diversas comarcas do interior, aínda que estas irán desaparecendo co avance do día para deixar ceos pouco nubrados ou despexados […]

O artigo Tempo estable este…

O BNG de Lousame recolle as demandas das familias usuarias do programa Concilia e reclama melloras no servizo

O BNG de Lousame mantivo unha reunión con nais e pais afectados polo programa Concilia, que se desenvolverá durante os meses de verán no CPI Cernadas de Castro, co obxectivo de coñecer de primeira man as súas necesidades e trasladar propostas orientadas á mellora deste servizo municipal. No encontro, celebrado o pasado 8 de xuño, […]

O artigo O BNG de Lousame recolle as demandas das familias…

Rois crea o Bono Cultura Familia para axudar a sufragar actividades socioculturais dos menores

O Concello de Rois vén de poñer en marcha o Bono Cultura Familia, unha nova liña de axudas destinada a facilitar a participación de nenos e nenas en actividades socioculturais e, ao mesmo tempo, favorecer a conciliación laboral e familiar das persoas residentes no municipio. A iniciativa permitirá ás familias empadroadas en Rois acceder a […]

O artigo Rois crea o Bono Cultura Familia para axudar…

O BNG denuncia a duplicidade de censos sobre o patrimonio marítimo e reclama unha estratexia única para a súa protección

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou este martes no Parlamento de Galicia a existencia de dous censos diferentes e sen coordinación sobre o patrimonio cultural do litoral galego, unha situación que, segundo a deputada Rosa Pérez, evidencia a falta de planificación do Goberno galego na conservación e valorización da cultura marítima. Durante a Comisión de […]

O artigo O BNG denuncia a…

Read more →
Este venres Ribeira acollerá a presentación do libro Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión

Este venres 12 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira será escenario da presentación do libro” Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión”, unha obra dedicada a recuperar e difundir a memoria histórica dos irmáns, Fernández Sendón. O volume, elaborado por Xosé Luis Axeitos, Uxío Bobillo […]

O artigo Este venres Ribeira acollerá a…

Read more →
Luns chega unha fronte pouco activa que deixará ceos anubrados e chuvias febles

A xornada do luns 8, estará marcada pola aproximación dunha fronte moi desfeita durante a mañá, que provocará un aumento progresivo da nubosidade en boa parte do territorio. Segundo as previsións meteorolóxicas, agárdanse precipitacións febles nas rias baixas e no oeste da provincia da Coruña, que irán adquirindo carácter intermitente co paso das horas. As […]

O artigo Luns chega unha fronte…

Ferido un condutor tras envorcar o seu vehículo nunha saída de vía en Boiro

Un home resultou ferido na madrugada deste domingo despois de sufrir unha saída de vía co vehículo que conducía no municipio de Boiro. O turismo acabou envorcado e o condutor precisou asistencia sanitaria debido ás lesións sufridas. O accidente produciuse arredor das 04:05 horas no quilómetro 5 da estrada DP-1106. Segundo informou o 112 Galicia, […]

O artigo Ferido un condutor tras envorcar o…

Veciños de Martelo en Rois reclaman medidas urxentes para frear a velocidade na estrada Noia-Santiago

A veciñanza da aldea de Martelo, no concello de Rois, reclama actuacións inmediatas para mellorar a seguridade viaria na estrada comarcal que conecta Noia con Santiago de Compostela. Os residentes denuncian que a elevada velocidade á que circulan os vehículos converteu este tramo nun punto de risco constante. Os habitantes da aldea, onde residen actualmente […]

O artigo Veciños de Martelo en…

Read more →
Este sábado regresa a estabilidade e o tempo seco con melloría durante a fin de semana

Iniciamos este sábado 6 de xuño cunha progresiva recuperación da estabilidade meteorolóxica grazas ao avance das altas presións, que irán gañando terreo ao longo da xornada tras varios días marcados pola presenza de nubes e polo paso de frontes pouco activas. Durante as primeiras horas do día predominarán os ceos anubrados, especialmentena nosa costa. Non […]

O artigo Este sábado regresa a…

Excarcerada unha persoa tras envorcar co seu coche en Vilagarcía de Arousa e outro en Catoira

Non houbo máis feridos. O accidente ocorreu uns dez minutos despois das 16:00 horas. Segundo lle indicou un particular ao 112 Galicia, atopárase cun turismo envorcado na avenida Berdón, cunha persoa no seu interior que non era quen de saír. Con estes datos, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de […]

O artigo Excarcerada unha persoa tras envorcar co seu coche en…

Ambar e Sachos á Rúa únense para poñer en valor o Bosque Comestible no Día Mundial do Medio Ambiente

A Asociación Ambar e o colectivo Sachos á Rúa celebraron este venres unha xornada ecolóxica e comunitaria no Bosque Comestible de Ribeira con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, unha iniciativa que buscou dar visibilidade e revitalizar este espazo verde de carácter público e colectivo. A actividade reuniu a numerosas persoas que participaron de […]

O artigo Ambar e Sachos á Rúa únense para…

Read more →
Venres 5 con néboas e ceos cubertos nas Rías Baixas e Santiago antes da chegada da chuvia cara a noite

Galicia quedará este venres 5 baixo a influencia dunha borrasca situada ao norte da comunidade, en desprazamento cara a Irlanda. Esta situación deixará unha xornada de transición, con presenza de néboas matinais en comarcas do interior e ceos cubertos por abundantes nubes medias e altas ao longo do día. Co avance do día, o tempo […]

O artigo Venres 5 con néboas e ceos cubertos nas Rías Baixas e…

A Catedral de Santiago presenta un facsímil do Códice Calixtino e regalará o primeiro exemplar ao papa León XIV

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago presentou este xoves unha nova edición facsímil do Códice Calixtino cuxo primeiro exemplar será entregado ao papa León XIV. O anuncio foi realizado polo arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco Prieto, durante un acto no que estivo acompañado polo cóengo arquiveiro, Francisco Buide e o editor da obra Joaquín […]

O artigo A Catedral de Santiago…

Read more →
Detido un home en Ribeira pola súa presunta relación coa morte violenta dun veciño

A Policía Nacional detivo este xoves en Ribeira un home de entre 30 e 40 anos como presunto implicado na morte violenta dun veciño duns 60 anos, vítima dunha agresión ocorrida na noite do pasado 24 de maio na contorna da praza da igrexa de Santa Uxía. A detención, segundo recolle La Voz de Galicia, […]

O artigo Detido un home en Ribeira pola súa presunta relación coa morte violenta dun veciño…

A Pobra do Caramiñal promociona a súa oferta turística e festiva en FESTUR 2026

A Pobra do Caramiñal promove estes días a súa oferta turística, cultural e festiva en FESTUR 2026, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra en Silleda no marco de TUREXPO Galicia e da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. A Concellaría de Turismo participa no evento cun stand propio no que […]

O artigo A Pobra do Caramiñal promociona a súa oferta turística e festiva…

“A Berberechiña” tinguirá o 13 de xuño o Campo da Feira de Noia: Tortilla, foliada e concertos para celebrar a diversidade

O Campo da Feira de Noia converterase o vindeiro 13 de xuño nun espazo de encontro, música e convivencia coa celebración da primeira edición de A Berberechiña, a Festa da Diversidade, unha proposta que mestura gastronomía, actividades participativas e concertos gratuítos ao longo de toda a xornada. O Concello de Noia presentou esta mañá a programación […]

O artigo  “A Berberechiña” tinguirá o 13…

Read more →
Ana Teira inaugura na Pobra a súa primeira exposición individual

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal acollerá durante todo o mes de xuño As conversas…, a primeira exposición individual da artista Ana Teira, que abre así unha nova etapa na súa traxectoria creativa. Estudante de Conservación e Restauración de Bens Culturais en Galicia, Teira participou previamente en diversas mostras colectivas. A […]

O artigo Ana Teira inaugura na…

Sufocado un incendio nunha vivenda ocupada en Conxo que obrigou a desaloxar un colexio

Efectivos dos bombeiros sufocaron este mércores un incendio nunha vivenda situada no barrio compostelán de Conxo, un suceso que obrigou a desaloxar de maneira preventiva o colexio Cardeal Quiroga Palacios. Non se rexistraron feridos e, no momento do lume, non había ninguén no interior do inmoble. Foi un particular quen deu a voz de alarma […]

O artigo Sufocado un incendio nunha vivenda ocupada…

A Fiscalía pide nove anos de cárcere para os tres acusados polo naufraxio do Villa de Pitanxo

A Fiscalía solicita nove anos de prisión para cada un dos tres acusados polo naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo, afundido en febreiro de 2022 fronte ás costas de Terranova (Canadá), unha das maiores traxedias da pesca galega das últimas décadas, na que faleceron 21 tripulantes e só tres lograron sobrevivir. O Ministerio Público dirixe […]

O artigo A Fiscalía pide nove anos de cárcere para…

Aberto o prazo para o programa Benestar en Balnearios de Galicia 2026

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Programa Benestar en Balnearios de Galicia 2026, unha iniciativa dirixida á poboación residente na comunidade autónoma. Poderán beneficiarse as persoas de 60 ou máis anos, así como pensionistas maiores de 55, que ademais poderán acudir acompañadas doutra persoa. O programa ofrece estadías de 10 días […]

O artigo Aberto o prazo para o…

Porto do Son presenta a andaina “25 + 15 km” do Club Trabandainas para o 7 de xuño

O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu este mércores a presentación da andaina “Porto do Son 25 + 15 km”, unha proba organizada polo Club Trabandainas que se celebrará o vindeiro 7 de xuño. A iniciativa forma parte da Liga Galega de Andainas 2026 e está incluída no calendario oficial da Federación Galega […]

O artigo Porto do Son presenta a andaina “25 + 15 km” do Club…

Europa occidental rexistra un episodio de calor anómalo con temperaturas do mar tamén por encima da media

A finais de maio de 2026, varios países de Europa occidental rexistraron temperaturas superiores á media estacional, nun episodio de calor anómalo que afectou a amplas zonas do continente. Este incremento térmico non se limitou á superficie terrestre, senón que tamén tivo reflexo na contorna marítima. Durante o mesmo período, extensas áreas do océano Atlántico […]

O artigo Europa occidental…

Read more →
Nubes e ambiente fresco nas Rías Baixas e Santiago durante o mércores 3 de xuño

As Rías Baixas e Santiago afrontan unha xornada do mércores 3, marcada pola presenza de nubes e por unhas temperaturas que continúan por debaixo do habitual para estas datas, aínda que con pequenas variacións respecto aos días anteriores. Nas Rías Baixas agárdase un ceo parcialmente cuberto, con maior presenza de nubosidade na metade oeste da […]

O artigo Nubes e ambiente fresco nas Rías Baixas…

Desmantelado un punto negro de venda de droga en Ribeira con dous detidos

A Policía desactivou un punto negro de venda de droga na rúa Habana, en Ribeira nunha operación que se saldou con dúas persoas detidas, segundo informou o corpo policial. A actuación permitiu cortar unha actividade ilícita que xeraba preocupación na contorna e reforzar a vixilancia sobre este tipo de espazos. Un dos detidos conta con […]

O artigo Desmantelado un punto negro de venda de droga en…

A Deputación celebra a Festa da Música 2026 con quince concertos noutros tantos concellos da provincia

O ciclo desenvolverase ao longo do mes de xuño con actuacións de Cuarteto Debiselas, Anxo Araújo, Faia Díaz, Su Garrido Pombo e Belém Tajes Arteixo, Carballo, Cedeira, Cee, Cerceda, Malpica, Melide, Muros, Ortigueira, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Santiso e Vimianzo acollerán as distintas actuacións A iniciativa da área de Cultura conmemora o […]

O artigo A Deputación celebra a…

Read more →
Sorteados os premios da campaña Merca no teu Comercio en cinco localidades coruñesas: Narón, Fene, Padrón, Rois e Dodro

Este luns 1 de xuño celebrouse na sede da Federación Galega de Comercio o sorteo dos premios correspondentes ás dúas campañas de Merca no teu comercio que se desenvolveron na provincia de A Coruña entre o 15 e o 30 de maio. Esta iniciativa de dinamización do comercio de proximidade repartirá nesta ocasión 1.000 euros […]

O artigo Sorteados os premios da campaña Merca no teu Comercio en cinco…

Galicia comeza xuño con ceos despexados e chegada dunha fronte fría pola noite con chuvias febles

Xuño comezará con ceo despexado en xeral con presenza de máis nubes co avance do día polo noroeste do territorio pola chegada dunfa fronte fría pouco activa pola noite e con precipitacións, que serán menos probables no sueste de Galicia. As temperaturas non terán cambios significativos (24 a 26 graos). O vento soprará frouxo do […]

O artigo Galicia comeza xuño con ceos despexados e chegada dunha…

Corisco III gana a segunda xornada do Desafío Rías Baixas NB21 e La Gitana, Tuspi II e Bonaventure impoñen en A1, A2 e A3

Corisco III foi o máis rápido na segunda xornada do Desafío Rías Baixas NB21, mentres La Gitana, Tuspi II e Bonaventure proclamaronse campións nas divisións A1, A2 e A3, respectivamente. A etapa final, disputada con vento do norte e condicións máis favorables ca na primeira xornada, levou á frota desde a ría de Muros e […]

O artigo Corisco III gana a segunda xornada do Desafío Rías Baixas NB21 e…

O C.C.D. Taragoña organiza dous torneos con 56 equipos polo seu cincuenta aniversario

O C.C.D. Taragoña celebrará en 2026 dous torneos conmemorativos polo seu cincuenta aniversario, cun total de 56 equipos xa inscritos entre as categorías base e o fútbol feminino. O segundo Torneo de Fútbol Base disputarase os días 20, 27 e 28 de xuño nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, mentres que o II Torneo de […]

O artigo O C.C.D. Taragoña organiza dous torneos con 56 equipos polo…

UCIN Galicia activa a súa folla de ruta para as municipais de 2027

UCIN Galicia activou a súa folla de ruta de cara ás municipais de 2027 nunha xornada de coordinación política centrada no reforzo territorial, o balance do traballo institucional e a planificación electoral da formación. A reunión, presidida por José Luis Calo, serviu para analizar a implantación da organización nas distintas comarcas galegas e para afondar […]

O artigo UCIN Galicia activa a súa…

Page 1 Older →