COGAMI alerta de demoras de ata 3 anos na valoración da discapacidade en Galicia

COGAMI celebrou este martes 9 de xuño en Santiago de Compostela a súa XXXVI Asemblea Anual, o máximo órgano de decisión da organización, no que participaron membros da xunta directiva (incluído o presidente da entidade, Anxo Queiruga, natural do Porto do Son) e membros das entidades que forman parte do movemento asociativo. Nesta sesión, presentáronse […]

O artigo COGAMI alerta de demoras de ata…

O Son celebrou cunha gran festa a graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES

Este sábado 6 de xuño celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Porto do Son, un evento emotivo no que participaron estudantes, familias, profesorado e representantes institucionais. O acto contou (entre outros membros do Concello e da Corporación) coa presenza do alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, que […]

O artigo O Son celebrou cunha gran festa a graduación do…

A nova xunta directiva do Real Club Náutico Portosín preséntase en sociedade

Juan Caballero (texto e imaxes). O Real Club Náutico Portosín acolleu este venres 5 de xuño a presentación da súa nova xunta directiva, un acto social conducido polo seu presidente, José Codesido López, no que, un a un, foi dando a coñecer aos membros que a conforman. Compóñena nove directivos, coa súa principal figura que […]

O artigo A nova xunta directiva do Real Club Náutico Portosín…

Porto do Son presenta a andaina “25 + 15 km” do Club Trabandainas para o 7 de xuño

O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu este mércores a presentación da andaina “Porto do Son 25 + 15 km”, unha proba organizada polo Club Trabandainas que se celebrará o vindeiro 7 de xuño. A iniciativa forma parte da Liga Galega de Andainas 2026 e está incluída no calendario oficial da Federación Galega […]

O artigo Porto do Son presenta a andaina “25 + 15 km” do Club…

O Porto do Son e Ribeira volven fomentar a empregabilidade a través da XI edición do obradoiro de emprego Tahume

A Casa da Cultura de Xuño acolleu este luns 1 de xuño a presentación da décimo primeira edición do Obradoiro de Emprego Tahume, que comparten e impulsan en colaboración os Concellos de Porto do Son e Ribeira. O acto de inauguración da xornada contou coa participación do Director Territorial de Emprego, Juan José Couce Prego; […]

O artigo O Porto do Son e Ribeira volven fomentar a empregabilidade…

O Son converterase en capital da creatividade e a cultura tradicional galega coa nova edición de Creasón (este sábado 6 de xuño)

O Porto do Son vai ser este mes de xuño unha gran festa da cultura, da man da terceira edición da Feira Creasón, festival de arte, música e artesanía previsto para o vindeiro sábado 6 de xuño na vila sonense. A cita será na praza de Rosalía de Castro ou, no caso de chuvia, no […]

O artigo O Son converterase en capital da creatividade e a cultura tradicional galega coa nova edición de Creasón…

O Son acolle en xullo un curso da USC e o Concello sobre novos retos da igualdade

Os vindeiros días 8 e 9 de xullo, o auditorio da Casa da Cultura do Concello do Porto do Son acollerá o curso de verán Novas fronteiras da igualdade: retos e solucións nas relacións laborais, unha formación de 15 horas lectivas de duración organizada pola Universidade de Santiago en colaboración co Concello, vai abordar dende […]

O artigo O Son acolle en xullo un curso da USC e o Concello sobre…

A U.D. Queiruga celebrará a súa primeira festa con andaina, xuntanza cabalar, churrascada e música

A U.D. Queiruga celebrará este 30 de maio a súa primeira festa, unha xornada que combinará deporte, gastronomía e música no Campo de Fútbol municipal. O programa comezará ás 10:00 horas cunha andaina con dúas modalidades, unha curta de 8 quilómetros e outra longa de 13, seguida dunha xuntanza cabalar con 20 quilómetros de ruta […]

O artigo A U.D. Queiruga celebrará a súa primeira festa con…

O Porto do Son volve favorecer a conciliación familiar a través da súa Ludoteca de Verán

Outro verán máis, a rapazada do Porto do Son poderá desfrutar da Ludoteca de Verán, impulsada polo Concello e dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos (nados/as entre 2014 e 2022). O Concello explicou que se trata “dun espazo lúdico-educativo de conciliación familiar no que os nenos e nenas apuntados poderán aprender a través de […]

O artigo O Porto do Son volve favorecer a conciliación familiar…

O Arquivo Municipal de Ribeira incorpora aos seus fondos un diploma de Salvamento de Náufragos datado en 1911

Un novo ben documental incorpórase ao fondos do Arquivo Municipal de Ribeira. Trátase dun diploma da Sociedade Española de Salvamento de Náufragos datado en 1911 que outorga a medalla de bronce de premio a favor de Epifanio Ventoso, patrón da dorna Sola polo salvamento de tres náufragos da nomeada A usted qué le importa en […]

O artigo O Arquivo Municipal de Ribeira incorpora aos seus fondos un…

Conciliación, ocio e deportes noutra edición dos campamentos de verán Movida Urbana (O Son)

Outro verán máis, O Porto do Son pon en marcha a iniciativa Movida Urbana, os campamentos de verán de conciliación e de lecer dirixidos á rapazada de entre 3 a 12 anos (nados/as entre 2014 e 2022). Esta proposta terá lugar do 13 de xullo ao 14 de agosto, de luns a venres en horario […]

O artigo Conciliación, ocio e deportes noutra edición dos campamentos de verán Movida Urbana (O Son) publicouse…

Colle impulso a 3ª edición de Creasón, feira de arte e da cultura no Porto do Son

O Porto do Son vai ser este mes de xuño unha gran festa da cultura, da man da terceira edición da Feira Creasón, festival de arte, música e artesanía previsto para o vindeiro sábado 6 de xuño na vila sonense. A cita será na praza de Rosalía de Castro ou, no caso de chuvia, no […]

O artigo Colle impulso a 3ª edición de Creasón, feira de arte e da cultura no Porto do Son publicouse primeiro en O…

Tui acolle este sábado a segunda proba do Campionato de España Inclusivo de Motonáutica – Grupo Davila (a 1ª foi en Portosín)

Juan Caballero (texto e imaxes). O Centro Interfederado de Tui acolle este sábado 23 de maio a segunda proba do Campionato de España Inclusivo de Motonáutica – Grupo Davila, cita que tamén puntúa no Circuíto Galego da especialidade. Cunha alta participación as probas comezarán con puntualidade ás 10.30 da mañá, con acceso libre e gratuíto […]

O artigo Tui acolle este sábado a segunda proba do…

Read more →
O Desafío Rías Baixas NB21 preséntase en sociedade como unha regata chea de paisaxe e aventura

Juan Caballero (texto e imaxes). O Desafío Rías Baixas NB21 presentouse este martes 19 de maio en sociedade, sendo o Salón Principal do Real Club Náutico de Portosín o seu marco oficial, un evento velístico de alto Nnvel, apadriñado pola Real Federación Galega de Vela, baixo a organización do náutico do Son e o Liceo […]

O artigo O Desafío Rías Baixas NB21 preséntase en sociedade como unha…

A AECC organiza no Porto do Son unha xornada sobre protección solar e unha cea solidaria

A delegación sonense da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) vai organizar este mes de maio dúas importantes actividades no municipio do Porto do Son, co apoio do Concello e coa colaboración da Xunta de Galicia. Trátase dunha charla divulgativa sobre cancro de pel e unha cea solidaria. Por unha banda, a AECC celebrará este […]

O Grupo Balteira anima a Praza de España de Porto do Son no Día das Letras Galegas

A Praza de España de Porto do Son encheuse este sábado pola noite de música e ambiente festivo coa actuación do Grupo Balteira, nunha xornada organizada con motivo do Día das Letras Galegas. O grupo, cuxo nome rende homenaxe a María Balteira, a soldadeira medieval de Betanzos, puxo a nota musical a unha celebración centrada […]

O Consello de Europa declara o Camiño da Ría de Muros Noia como Itinerario Cultural Europeo

A Vía Querinissima, itinerario cultural inspirado na viaxe de Pietro Querini do que forma parte o Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia, xa é Itinerario Cultural Europeo. Así o acordou a Xunta de Goberno do Acordo Parcial Ampliado sobre Itinerarios Culturais do Consello de Europa reunido o pasado 7 de maio en Luxemburgo, […]

O Son e Ribeira impulsan a XI edición do Obradoiro de Emprego Tahume

Tal e como confirmamos os días pasados dende este medio, o Concello de Ribeira será novamente beneficiario dunha subvención da Xunta (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) para desenvolver o Obradoiro Dual de Emprego Tahume XI, que dende os seus inicios impulsa en colaboración co Concello de Porto do Son. O obradoiro combina formación teórica […]

No Son, o Concello entrega os premios do III Concurso dos Maios

O Concello de Porto do Son compartiu o palmarés da terceira edición do Concurso dos Maios do Concello de Porto do Son. O certame saldouse cunha serie de contribucións “impresionantes”, segundo sinalou o Concello, engadindo que “tras descubrir, ver e analizar os marabillosos maios realizados pola nosa cativada -e nos que se amosa á perfección […]

O Real Club Náutico Portosín reúne esta fin de semana á elite galega do Wingfoil

O Real Club Náutico Portosín volverá converterse esta fin de semana no epicentro do Wingfoil galego coa celebración do Campionato Galego da especialidade nas augas da Ría de Muros e Noia. A entidade portosinense, pioneira en Galicia nesta modalidade, organiza por segundo ano consecutivo a competición autonómica dunha disciplina cada vez máis espectacular e con […]

A Andaina Porto do Son do Club Trabandainas celebrarase o 7 de xuño (inscricións abertas)

O Club Trabandainas e o Concello de Porto do Son informaron da apertura das inscricións para a Andaina Porto do Son que se celebra o vindeiro mes de xuño, o día 7, organizado polo Club Trabandainas en colaboración co Concello e outras entidades. Trátase dunha proba que forma parte da Liga Galega de Andainas. Haberá […]

O Son celebrará as Letras Galegas cun recital aberto e colectivo de poesía

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá o vindeiro 17 de maio, ás 18:00 horas, un Encontro Recital de Poesía no marco da celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano á escritora viguesa Begoña Caamaño. Quen queira participar terá ocasión de compartir as súas lecturas ou escritos, reivindicando a poesía en […]

No Son, o Concello lembra á veciñanza a obrigatoriedade de manter limpas as franxas de biomasa arredor dos núcleos

O Concello do Porto do Son emitiu un comunicado no que lembra á cidadanía a importancia de manter limpas de maleza, árbores e vexetación que “supoñan risco de incendio” todas as parcelas fincas, leiras ou terreos en zonas afectadas polas faixas de protección contra os lumes forestais. Podemos consultar se a nosa propiedade está afectada […]

A última xornada do Campionato de España de ILCA Máster decidirá o nome dos seus titulares

Juan Caballero (texto e fotos). Tras a cancelación da única proba que se puido disputar este venres 8 de maio, este sábado o comité da regata logrou roubarlle unha manga a Eolo, cunha ría de Muros e Noia complicada en meteoroloxía que deixou para o último día a resolución do Campionato de España de ILCA […]

Arrancou en Portosín o Campionato de España ILCA Master

O Campeonato de España ILCA Máster arrancou este venres en Portosín cunha xornada marcada polas dificultades meteorolóxicas na ría de Muros e Noia. A ausencia de vento estable impediu completar manga ningunha, tras máis de sete horas de espera no campo de regata. As condicións no mar non foron doadas, cun vento moi rolón que […]

A antiga fábrica de salgadura de Portosín convértese nun aloxamento sostible ligado ao turismo mariñeiro

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este xoves na inauguración das novas instalacións da Casa do Tella e Rosalía, un proxecto que transforma unha antiga fábrica de salgadura nun aloxamento sostible centrado na posta en valor do patrimonio mariñeiro. A iniciativa, impulsada a través do GALP Costa Sostible e apoiada pola Xunta mediante as […]

O Porto do Son celebrará as Letras Galegas cun concerto do cuarteto Balteira

O Concello do Porto do Son vai celebrar con música o Día das Letras Galegas e o legado da escritora viguesa Begoña Caamaño (homenaxeada na edición deste ano). Así, o cuarteto Balteira visitará O Porto do Son o vindeiro 17 de maio para festexar a nosa cultura. A actuación terá lugar na praza de España […]

O 30 de maio celébrase a primeira Festa da U.D. Queiruga

A Unión Deportiva Queiruga (O Porto do Son) compartiu o cartel da súa festa do 30 de maio, a primeira edición dunha serie de celebracións deportivas, gastronómicas e culturais que se prevé longa. Será no Campo de Fútbol de Queiruga, a partir das 10.00 horas. A cita comezará cunha andaina de dúas dificultades (unha de […]

Galicia terá este ano 118 praias con bandeira azul. Obteñen distintivos Lombiña-Cabío (A Pobra), Coroso (Ribeira), San Francisco (Muros) e o Náutico de Portosín.

Galicia terá este ano un total de 118 praias en 38 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de esixentes criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Polo […]

O artigo Galicia terá este ano 118…

Read more →
Page 1 Older →