Tempo estable este mércores 10, con ceos despexados e lixeiro ascenso das temperaturas

Continuaremos este mércores 10, baixo a influencia das altas presións, que favorecerán unha situación de estabilidade atmosférica marcada pola circulación de ventos do nordés. A xornada comezará con presenza de néboas e nubes baixas en diversas comarcas do interior, aínda que estas irán desaparecendo co avance do día para deixar ceos pouco nubrados ou despexados […]

O artigo Tempo estable este…

O alcalde e o delegado do Goberno supervisan o inicio das obras de mellora da N-550 ao seu paso por Padrón

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, supervisaron este martes 9 de xuño pola mañá o inicio dos traballos de asfaltado na estrada N-550 ao seu paso polo municipio padronés. Unha actuación que forma parte do Plan Especial de Reparación e Conservación de Estradas que o Ministerio […]

O artigo O alcalde e o delegado do Goberno supervisan o inicio das…

Rois crea o Bono Cultura Familia para axudar a sufragar actividades socioculturais dos menores

O Concello de Rois vén de poñer en marcha o Bono Cultura Familia, unha nova liña de axudas destinada a facilitar a participación de nenos e nenas en actividades socioculturais e, ao mesmo tempo, favorecer a conciliación laboral e familiar das persoas residentes no municipio. A iniciativa permitirá ás familias empadroadas en Rois acceder a […]

O artigo Rois crea o Bono Cultura Familia para axudar…

Na Pobra, publicada a listaxe definitiva do programa de conciliación estival Móvete! 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que, a partir de mañá, 10 de xuño, estará dispoñíbel na sede electrónica municipal a lista definitiva de persoas admitidas no programa de conciliación Móvete! 2026, unha iniciativa promovida pola Concellaría de Igualdade, dirixida por Estefanía Ramos. O obradoiro desenvolverase nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras […]

O artigo Na Pobra,…

Read more →
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de lingua e cultura galegas para persoas foráneas

Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa “integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva”, tal e como destacou este 9 de xuño o secretario xeral da Lingua, Valentín García, durante a xornada de formación celebrada […]

O artigo Máis de 100 concellos impartirán…

Read more →
En Ribeira, o BNG solicita elaborar un proxecto para o arranxo da rúa Sorribas

O BNG de Ribeira presentou unha proposta co obxectivo de impulsar unha actuación de mellora na rúa Sorribas, atendendo así de forma directa ás demandas transmitidas polos veciños e veciñas da zona. A formación nacionalista aposta por “realizar una actuación que remate co deterioro que sofre este espazo logo de décadas de falta de mantemento […]

O artigo En Ribeira, o BNG solicita elaborar un…

COGAMI alerta de demoras de ata 3 anos na valoración da discapacidade en Galicia

COGAMI celebrou este martes 9 de xuño en Santiago de Compostela a súa XXXVI Asemblea Anual, o máximo órgano de decisión da organización, no que participaron membros da xunta directiva (incluído o presidente da entidade, Anxo Queiruga, natural do Porto do Son) e membros das entidades que forman parte do movemento asociativo. Nesta sesión, presentáronse […]

O artigo COGAMI alerta de demoras de ata…

Padrón impulsa o campamento de verán ‘A Vila do Mañá’, unha proposta para descubrir e imaxinar o espazo público

O Concello de Padrón pon en marcha este verán o campamento A Vila do Mañá, unha iniciativa que combina conciliación familiar e aprendizaxe a través do xogo e da creatividade. A actividade desenvolverase no CEIP Rosalía de Castro os días 22, 23, 25, 26, 29 e 30 de xuño e está dirixida a nenas e […]

O artigo Padrón impulsa o campamento de verán ‘A Vila do Mañá’, unha proposta para descubrir e…

Este venres Ribeira acollerá a presentación do libro Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión

Este venres 12 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira será escenario da presentación do libro” Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión”, unha obra dedicada a recuperar e difundir a memoria histórica dos irmáns, Fernández Sendón. O volume, elaborado por Xosé Luis Axeitos, Uxío Bobillo […]

O artigo Este venres Ribeira acollerá a…

Read more →
A alcaldesa de Ribeira di que o Concello solucionou os atrancos para renovar a grada do Campo de Fútbol de Carreira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro, Víctor Reiriz, mantiveron este luns 8 de xuño un encontro de traballo coa directiva do Club de Fútbol de Carreira para informar “dos avances do Executivo no proxecto de renovación da bancada do campo da parroquia, uns avances que culminaron a semana pasada”, sinalou a rexedora, […]

O artigo A alcaldesa de Ribeira di que o Concello…

Os GDR impulsan as Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, incluída a Ruta dos Viños Maneiros de Barbanza e Iria

Galicia conta desde agora cunha nova proposta para descubrir o territorio a través da cultura do viño. Os Grupos de Desenvolvemento Rural participantes no proxecto de cooperación Desenvolvemento do Enoturismo nas IXP de Viño de Galicia, en colaboración coa Asociación das IXP de Viños de Galicia, impulsan as Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de […]

O artigo Os GDR impulsan as Rutas…

Read more →
A xira de encontros veciñais do Concello de Boiro recala esta semana na parroquia do Castro con dúas sesións

Esta semana, o martes 9 e o mércores 10 proseguen os encontros veciñais Un café co alcalde do Concello de Boiro. Serán deste xeito dúas sesións na parroquia do Castro: unha o martes 9 de xuño ás 20.00 horas na unitaria do Esteiro, e a outra o mércores día 10 ás 20.00 horas no Centro […]

O artigo A xira de encontros veciñais do Concello de Boiro recala esta semana na parroquia do Castro con dúas…

O músico pontevedrés Anxo Araújo estará na Horta do Muíño de Outes o 24 de xullo

O músico Anxo Araújo vai achegar este verán unha serie de concertos pola xeografía galega. A xira comezará o 23 de xuño en Cedeira (na praza Floreal) e proseguirá en Arteixo (no Anfiteatro) o 26 e en Cee (na Casa da Cultura) o 27. Xa en xullo, o día 24, achegará un concerto en Outes, […]

O artigo O músico pontevedrés Anxo Araújo estará na Horta do Muíño de Outes o 24 de xullo publicouse primeiro…

O Concello de Ribeira comparte as normas locais para garantir a seguridade da veciñanza e do medio natural na festa de San Xoán

Con motivo da tradicional festa de San Xoán, ao obxecto de “previr calquera tipo de incidente co uso do lume”, e garantir “unhas condicións de limpeza e hixiene adecuadas dos espazos públicos para que poidan ser gozados ao día seguinte pola cidadanía en perfectas condicións”, o Concello de Ribeira emitiu un bando informativo, a través […]

O artigo O Concello de Ribeira comparte as normas locais…

Read more →
UCIN Galicia di que o Goberno de España condena aos autónomos a soportar unha carga fiscal e burocrática que “Europa xa aliviou”

A agrupación cidadá UCIN Galicia, a través do seu coordinador José Luis Calo, esixiu nun comunicado a aplicación inmediata da normativa europea destinada a reducir as cargas administrativas e fiscais que soportan miles de autónomos, á vez que reclamou a implicación de todos os grupos políticos para poñer fin a unha situación que consideran “inxusta […]

O artigo UCIN Galicia di que o Goberno de…

Read more →
Luns chega unha fronte pouco activa que deixará ceos anubrados e chuvias febles

A xornada do luns 8, estará marcada pola aproximación dunha fronte moi desfeita durante a mañá, que provocará un aumento progresivo da nubosidade en boa parte do territorio. Segundo as previsións meteorolóxicas, agárdanse precipitacións febles nas rias baixas e no oeste da provincia da Coruña, que irán adquirindo carácter intermitente co paso das horas. As […]

O artigo Luns chega unha fronte…

Ferido un condutor tras envorcar o seu vehículo nunha saída de vía en Boiro

Un home resultou ferido na madrugada deste domingo despois de sufrir unha saída de vía co vehículo que conducía no municipio de Boiro. O turismo acabou envorcado e o condutor precisou asistencia sanitaria debido ás lesións sufridas. O accidente produciuse arredor das 04:05 horas no quilómetro 5 da estrada DP-1106. Segundo informou o 112 Galicia, […]

O artigo Ferido un condutor tras envorcar o…

Veciños de Martelo en Rois reclaman medidas urxentes para frear a velocidade na estrada Noia-Santiago

A veciñanza da aldea de Martelo, no concello de Rois, reclama actuacións inmediatas para mellorar a seguridade viaria na estrada comarcal que conecta Noia con Santiago de Compostela. Os residentes denuncian que a elevada velocidade á que circulan os vehículos converteu este tramo nun punto de risco constante. Os habitantes da aldea, onde residen actualmente […]

O artigo Veciños de Martelo en…

Read more →
Medio Ambiente ofrece 368 rutas guiadas con arredor de 5.400 prazas para visitar as Illas Atlánticas

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través da dirección do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, ofrecerá este verán un total de 368 rutas guiadas gratuítas e con arredor de 5.400 prazas dispoñíbeis para coñecer a natureza, o patrimonio cultural e arqueolóxico e a historia das illas que conforman este […]

O artigo Medio Ambiente ofrece 368 rutas…

Este sábado regresa a estabilidade e o tempo seco con melloría durante a fin de semana

Iniciamos este sábado 6 de xuño cunha progresiva recuperación da estabilidade meteorolóxica grazas ao avance das altas presións, que irán gañando terreo ao longo da xornada tras varios días marcados pola presenza de nubes e polo paso de frontes pouco activas. Durante as primeiras horas do día predominarán os ceos anubrados, especialmentena nosa costa. Non […]

O artigo Este sábado regresa a…

Excarcerada unha persoa tras envorcar co seu coche en Vilagarcía de Arousa e outro en Catoira

Non houbo máis feridos. O accidente ocorreu uns dez minutos despois das 16:00 horas. Segundo lle indicou un particular ao 112 Galicia, atopárase cun turismo envorcado na avenida Berdón, cunha persoa no seu interior que non era quen de saír. Con estes datos, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de […]

O artigo Excarcerada unha persoa tras envorcar co seu coche en…

Ambar e Sachos á Rúa únense para poñer en valor o Bosque Comestible no Día Mundial do Medio Ambiente

A Asociación Ambar e o colectivo Sachos á Rúa celebraron este venres unha xornada ecolóxica e comunitaria no Bosque Comestible de Ribeira con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, unha iniciativa que buscou dar visibilidade e revitalizar este espazo verde de carácter público e colectivo. A actividade reuniu a numerosas persoas que participaron de […]

O artigo Ambar e Sachos á Rúa únense para…

Read more →
Padrón clausura o curso das Aulas Sénior cunha homenaxe a José Taboada e a Ramonita Vázquez

O Auditorio Municipal de Padrón acolleu este venres 5 de xuño o acto de clausura do curso 2025–2026 das Aulas Sénior de Galicia (Ategal), nunha xornada marcada pola homenaxe que o Concello lle rendeu a José Taboada e a Ramonita Vázquez por ser o alumnado máis veterano destas aulas da terceira idade. A xornada, que […]

O artigo Padrón clausura o curso das Aulas Sénior cunha homenaxe a José…

O mercado ambulante regresa a Aguiño no 8 de xuño

A parroquia ribeirense de Aguiño volverá contar co seu mercado ambulante durante este verán a partir do luns, 8 de xuño. A periodicidade será semanal, celebrándose os luns, en horario de 09.00 a 14.00 horas, na rúa Castelao, nas súas proximidades ao porto. Uns 40 postos integran a feira, 8 deles de alimentación. O concelleiro […]

O artigo O mercado ambulante regresa a Aguiño no 8 de xuño…

Perez Barral urxe ao Goberno local a retomar a na renovación da grada do Campo de Fútbol de Carreira

O BNG de Ribeira emitiu un comunicado no que di que o Goberno local mantén “nunha parálise absoluta” a execución da renovación da grada do Campo de Fútbol de Carreira, unha actuación valorada en máis de 250.000 euros e que, segundo explicou o ex-alcalde portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, quedou “co proxecto aprobado e […]

O artigo Perez Barral urxe ao Goberno local a retomar a na renovación da…

Remata en Ribeira a formación sobre como actuar en situacións de violencia contra a nenez

Varios centros educativos de Ribeira recibiron nos últimos meses unha serie de charlas da man do Concello e das Unidades de Atención á Familia e Muller da Policía Nacional para informar aos docentes sobre a intervención na desprotección infantil; unha medida que forma parte da Mesa Local da Infancia e Adolescencia. Baixo o título Detección, […]

O artigo Remata en Ribeira a formación sobre como…

Venres 5 con néboas e ceos cubertos nas Rías Baixas e Santiago antes da chegada da chuvia cara a noite

Galicia quedará este venres 5 baixo a influencia dunha borrasca situada ao norte da comunidade, en desprazamento cara a Irlanda. Esta situación deixará unha xornada de transición, con presenza de néboas matinais en comarcas do interior e ceos cubertos por abundantes nubes medias e altas ao longo do día. Co avance do día, o tempo […]

O artigo Venres 5 con néboas e ceos cubertos nas Rías Baixas e…

A Catedral de Santiago presenta un facsímil do Códice Calixtino e regalará o primeiro exemplar ao papa León XIV

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago presentou este xoves unha nova edición facsímil do Códice Calixtino cuxo primeiro exemplar será entregado ao papa León XIV. O anuncio foi realizado polo arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco Prieto, durante un acto no que estivo acompañado polo cóengo arquiveiro, Francisco Buide e o editor da obra Joaquín […]

O artigo A Catedral de Santiago…

Read more →
Detido un home en Ribeira pola súa presunta relación coa morte violenta dun veciño

A Policía Nacional detivo este xoves en Ribeira un home de entre 30 e 40 anos como presunto implicado na morte violenta dun veciño duns 60 anos, vítima dunha agresión ocorrida na noite do pasado 24 de maio na contorna da praza da igrexa de Santa Uxía. A detención, segundo recolle La Voz de Galicia, […]

O artigo Detido un home en Ribeira pola súa presunta relación coa morte violenta dun veciño…

A Pobra do Caramiñal promociona a súa oferta turística e festiva en FESTUR 2026

A Pobra do Caramiñal promove estes días a súa oferta turística, cultural e festiva en FESTUR 2026, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra en Silleda no marco de TUREXPO Galicia e da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. A Concellaría de Turismo participa no evento cun stand propio no que […]

O artigo A Pobra do Caramiñal promociona a súa oferta turística e festiva…

Page 1 Older →