Cabo de Cruz imponse en Muros e conquista as dúas bandeiras da Deputación da Coruña en bateis

O Club de Remo Cabo de Cruz proclamouse gran protagonista da xornada no porto de Muros ao conquistar a II Bandeira de Bateis Deputación da Coruña tanto na categoría masculina como na feminina. A competición, celebrada este sábado, reuniu a numerosas promesas do remo galego nunha cita dedicada ao deporte de base, onde o club […]

O artigo Cabo de Cruz imponse en Muros e conquista as dúas bandeiras…

O Local Social de Surribos (Muros) acolle este mércores un encontro para achegarnos á realidade do pobo saharauí

Muros (Local Social de Surribos a partir das 17.30 horas) acolle este mércores 17 de xuño un encontro para achegarnos á realidade do pobo saharauí. O Concello de Muros súmase ao ciclo de conversas Arredor do té, unha iniciativa que nos convida a escoitar, compartir e comprender a realidade que vive o pobo saharauí desde […]

O artigo O Local Social de Surribos (Muros) acolle este mércores un…

O turoperador veneciano Cammini Atlantici visita o Camiño da Ría de Muros Noia

A declaración como Itinerario Cultural Europeo da Vía Querinissima, percorrido inspirado na viaxe de Pietro Querini e do que forma parte o Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia, comeza a dar os seus froitos. Cando aínda non se cumpriu un mes desde o anuncio realizado polo Consello de Europa, un dos máis prestixiosos […]

O artigo O turoperador veneciano Cammini Atlantici visita o Camiño da…

A II Bandeira de Bateis Deputación da Coruña reunirá este sábado en Muros o futuro do remo galego

O porto de Muros acollerá este sábado, 20 de xuño, a segunda edición da Bandeira de Bateis Deputación da Coruña, que reunirá tripulacións das categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil e sub-23, tanto en modalidade masculina como feminina. A proba, organizada pola Deputación da Coruña coa colaboración da Federación Galega de Remo e o Club de […]

O artigo A II Bandeira de Bateis Deputación da…

O Concello de Muros adxudica dúas novas obras de saneamento en Agrocovo e Tal

A xunta de goberno do Concello de Muros adxudicou dúas novas obras de mellora da rede de saneamento municipal. Por un parte, adxudicou de maneira definitiva unha obra en Tal por importe de 132.750 euros. A actuación será na contorna do Río do Cura, concretamente na zona da Chabola. A segunda adxudicación, neste caso provisional, […]

O artigo O Concello de Muros adxudica dúas novas obras de…

Villaverde apoia ao sector miticultor na busca de alternativas para garantir o subministro de mexilla

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou este mércores no municipio coruñés de Muros o proxecto experimental de captación de mexilla impulsado pola Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega), onde trasladou o apoio da Xunta ao sector miticultor na procura de solucións que garantan un subministro estable de semente. Durante a visita, a […]

O artigo Villaverde apoia ao…

Read more →
Mar asina coa Confraría de Muros o 3ª convenio do plan extraordinario de apoio ao marisqueo

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou este luns 1 de xuño co patrón maior da Confraría de Pescadores de Muros, Daniel Formoso Moledo, o convenio de colaboración que activa o plan de restauración ambiental das súas zonas produtivas. Cun orzamento de 352.403,10 euros, financiado integramente pola Administración autonómica, este acordo supón, en palabras da […]

O artigo Mar asina coa…

Read more →
O Concello de Muros solicita a desafectación do paseo marítimo a Portos de Galicia “para mellorar este espazo público”

O Goberno municipal de Muros levará ao pleno ordinario deste xoves, 28 de maio, a solicitude formal de desafectación da zona do paseo marítimo do Concello ante Portos de Galicia. Trátase dunha petición motivada pola situación actual do paseo marítimo, que, segundo fixo saber a alcaldesa María Lago, “presenta un estado de conservación deficiente e […]

O artigo O Concello de Muros solicita a…

Read more →
O Concello de Muros da un novo paso para ampliar a rede de saneamento municipal no Areal (Esteiro)

O Concello de Muros continúa co seu plan de renovación e mellora da rede de saneamento nas parroquias, un servizo público esencial para a veciñanza. Esta semana, a brigada de obras municipal comezou unha actuación no Areal, na parroquia de Esteiro, co obxectivo de facilitar o saneamento ás vivendas da zona. A obra consiste na […]

O artigo O Concello de Muros da un novo paso para ampliar a rede…

O Xurado declara culpable de asasinato ao mozo acusado de matar o seu pai cunha machada en Muros

O Tribunal do Xurado declarou por unanimidade culpable de asasinato o mozo de Muros acusado de matar o seu pai cunha machada en abril de 2023. Durante o xuízo, o procesado alegou que estaba “colocadísimo” por unhas pastillas que tomaba para o estómago e a ansiedade, mais os peritos descartaron esa explicación. O Tribunal do […]

O artigo O Xurado declara culpable de asasinato ao mozo acusado de…

O Consello de Europa declara o Camiño da Ría de Muros Noia como Itinerario Cultural Europeo

A Vía Querinissima, itinerario cultural inspirado na viaxe de Pietro Querini do que forma parte o Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia, xa é Itinerario Cultural Europeo. Así o acordou a Xunta de Goberno do Acordo Parcial Ampliado sobre Itinerarios Culturais do Consello de Europa reunido o pasado 7 de maio en Luxemburgo, […]

O Concello de Muros esixe a substitución integral da pasarela de madeira de Louro á Demarcación de Costas

O Concello de Muros esixe a substitución integral da pasarela peonil de madeira de San Francisco (Louro) á Demarcación de Costas, organismo responsábel da infraestrutura. A reclamación do Goberno local de Muros arguméntase principalmente nun estudo técnico encargado pola Administración local que conclúe que “a estrutura presenta un deterioro que xa non pode resolverse con […]

Belén do Campo supervisa en Muros e Carnota traballos de prevención de incendios nunhas 35 hectáreas

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Medio Rural, Nieves Mancebo, visitou este xoves 14 de maio os concellos de Muros e Carnota para comprobar os avances dos traballos preventivos fronte aos incendios forestais no Distrito Forestal V-Fisterra. As actuacións que se están executando por SEAGA […]

Muros presenta a programación do Mes das Letras e da XVIII Mostra de Teatro Xosé Agrelo

O Concello de Muros presentou a programación do Mes das Letras e da XVIII Mostra de Teatro Xosé Agrelo, dúas citas xa clásicas na promoción da lingua e a cultura galega no concello. “No Concello de Muros temos un compromiso co uso e a defensa da nosa lingua todo o ano, pero maio sempre é […]

O domingo 17 de maio celébrase a sétima edición da BTT de Esteiro

A Asociación Deportiva Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros, organiza o próximo domingo 17 de maio a VII BTT de Esteiro. “Será na área recreativa do Artón, cunha ruta longa e outra curta”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, na presentación da proba xunto á alcaldesa, María Lago, e o presidente […]

Muros acolle esta fin de semana a proxección de “Michael”, o “biopic” sobre a vida de Michael Jackson

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle esta fin de semana a proxección de Michael, o biopic que retrata a vida e legado de Michael Jackson, unha das figuras máis relevantes da música a nivel internacional. A película ofrece un percorrido pola traxectoria do artista, desde os seus inicios como membro dos […]

Fundamar, COFIGA e a Xunta achegan exercicios terapéuticos ás agrupacións de marisqueo a pé de Muros

A Fundación Fundamar celebrou este 6 de maio en Muros o inicio do seu programa de exercicios terapéuticos dirixido ás agrupacións de marisqueo a pé. Na cita participou o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, quen salientou que o programa segue o ronsel do traballo a prol do sector desenvolvido polo Instituto […]

Remata o programa de alfabetización en IA xenerativa da Deputación da Coruña e o CITIC (con sesións en Ribeira e Muros)

Esta primeira semana de maio remataron as sesións do programa de formación en intelixencia artificial xenerativa impulsado pola Deputación da Coruña coa colaboración do CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación) da UDC, tralo desenvolvemento das actividades divulgativas entre febreiro e maio en 20 institutos da provincia. Foi, en palabras do […]

A Xunta inviste 75.000 euros nun pasteiro de máis de 10 hectáreas en Muros

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, visitou este luns o concello de Muros para supervisar os traballos realizados no pasteiro de Santa Mariña de Esteiro, que contaron cun investimento próximo aos 75.000 euros. A actuación abrangue unha superficie total de 10,8 hectáreas, divididas en dúas […]

O artigo A Xunta…

Galicia terá este ano 118 praias con bandeira azul. Obteñen distintivos Lombiña-Cabío (A Pobra), Coroso (Ribeira), San Francisco (Muros) e o Náutico de Portosín.

Galicia terá este ano un total de 118 praias en 38 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de esixentes criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Polo […]

O artigo Galicia terá este ano 118…

Read more →
O Concello de Muros acondiciona a contorna do Pavillón de Miraflores e do Campo de Fútbol Eleuterio Balayo

O Concello de Muros continúa co plan de mantemento e posta a punto das zonas verdes do municipio. Nestes pasados días leváronse a cabo traballos de roza e limpeza dos xardíns e dos accesos ao Pavillón de Miraflores e ao Campo de Fútbol Eleuterio Balayo, co obxectivo de mellorar o estado destes espazos e facilitar […]

O artigo O Concello de Muros acondiciona a contorna do Pavillón de Miraflores e…

Mariscadoras de Muros retiran algas á man para protexer o marisco ante unha floración sen precedentes

Máis de medio cento de mariscadoras e mariscadores de Muros levan días traballando intensamente na limpeza manual da praia da Virxe, un dos principais bancos marisqueiros da zona, afectado por unha inusual e masiva acumulación de algas. A presenza destas algas está a comprometer seriamente a supervivencia de especies como o berberecho e a ameixa. […]

O artigo Mariscadoras de Muros retiran algas…

Ponte Nas Ondas reivindicou o patrimonio mariñeiro nun RadioVisual en Muros

O Auditorio Municipal de Muros acolleu este xoves 30 de abril o segundo dos eventos do RadioVisual do Patrimonio, iniciativa de dinamización cultural de Ponte Nas Ondas (PNO) e Casa de Tolos que contou desta volta co protagonismo nesta ocasión do alumnado do IES Plurilingüe Fontexería (Muros) e a actuación en directo de Caamaño & […]

O artigo Ponte Nas Ondas reivindicou o patrimonio mariñeiro…

As obras de renovación integral da rúa Real de Muros entran na súa última fase

As obras de humanización e renovación dos servizos básicos da rúa Real de Muros avanzan a bo ritmo e comeza xa o terceiro e último tramo da actuación. Estes traballos contan cun orzamento de máis de 238.000 euros, segundo lembrou o Concello de Muros. Para minimizar as molestias e garantir o acceso ás vivendas e […]

O artigo As obras de renovación integral da rúa Real de Muros entran na súa…

O Concello de Muros fai traballos de limpeza e roza no Ancoradoiro

O Concello de Muros proseguiu os días pasados co plan de mantemento das nosas zonas verdes, actuando nesta ocasión na contorna do Ancoradoiro. Dende a Concellería de Obras e Servizos estanse a levar a cabo tarefas de roza e limpeza co obxectivo de mellorar o estado xeral deste espazo natural, favorecendo a súa conservación e. […]

O artigo O Concello de Muros fai traballos de limpeza e roza no…

A Biblioteca de Muros celebra o Día do Libro cun contacontos familiar a cargo de Aida Cobas, este venres ás 18h

A Biblioteca Municipal de Muros acolle este venres 24 de abril ás 18.00 horas unha actividade especial con motivo do Día do Libro, co contacontos Cantaruxa Catuxa, a cargo de Aida Cobas. A proposta está dirixida a público familiar a partir de 3 anos e presenta a historia de Catuxa, unha nena que pasa moito […]

O artigo A Biblioteca de Muros celebra o Día do Libro cun contacontos familiar a cargo…

Este 26 de abril celébrase a III Andaina de Abelleira

Este domingo 26 de abril toca poñerse roupa e calzado de camiñar para participar na III Andaina de Abelleira (Muros), con saída ás 10.00 horas dende Sorribos. Organiza a Comisión de Festas Campo de Ventín, coa colaboración do Concello de Muros e o patrocinio de Eroski Center. Inclúe un percorrido circular de 11 quilómetros con […]

O artigo Este 26 de abril celébrase a III Andaina de Abelleira…

Muros acolle este venres a proxección de “Basal”, de Ugia Pedreira

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle mañá venres 24 de abril ás 20.30 horas a proxección de Basal, un documental dirixido por Ugia Pedreira, que contará cun coloquio posterior coa propia artista. A actividade enmárcase na programación cultural da Deputación da Coruña, que achega esta proposta a Muros co obxectivo de […]

O artigo Muros acolle este venres a proxección de…

Muros celebra o Día do Circo este 25 de abril

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros celebra o Día do Circo este sábado 25 de abril. A cita será a partir das 18.00 horas e inclúe o espectáculo Varietés, da compañía Pistacatro Produtora de Soños. A proposta presenta un espectáculo de variedades que percorre a historia do circo a través de diferentes […]

O artigo Muros celebra o Día do Circo este 25 de abril publicouse primeiro en…

O BNG reclama retirar en Muros-Noia a concentración das urxencias nos PACs os sábados

A deputada parlamentar do BNG, Rosana Pérez, vén de presentar unha proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª do Parlamento deGaliza, coa que reclama “a retirada inmediata da concentración da atención sanitaria urxente nos Puntos de Atención Continuada (PACs) durante as mañás dos sábados, unha medida que xa se está a […]

O artigo O BNG reclama retirar en Muros-Noia a concentración…

Page 1 Older →